31.12.09

OBXECTIVO DAS XORNADAS



Coa incorporación das universidades galegas ao EEES,
a crecente mobilidade dos estudantes verase
incrementada, polo que un dos retos que deberá
afrontar a institución universitaria é o da especial
situación do alumnado que debe resolver o problema do
aloxamento lonxe do seu lugar de residencia habitual.

Neste senso, os traballos de investigación
desenvolvidos na UDC dende a Vicerreitoría de
Infraestruturas e Xestión Ambiental xunto co
Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
sobre ónde e cómo viven os universitarios na cidade da
Coruña puxeron ao descuberto a poucos metros do Campus
máis dun cento de infravivendas destinadas a
estudantes. Esta patoloxía urbana é o resultado tanto
da presión que se deriva da demanda de aloxamento
universitario como da carencia de políticas públicas
dirixidas a solventar este problema.

O obxectivo destas xornadas é centrar o debate
nesta realidade, abordando a cuestión desde diferentes
perspectivas: a dimensión social da demanda de vivenda
por parte dos estudantes, o papel e a resposta das
cidades frente a esta situación, a importancia de
ofertar ao alumnado espazos onde residir de calidade
e asequibles, así como dar a coñecer os modelos
existentes de xestión, promoción e construción en
países como Finlandia, Alemaña e Reino Unido xunto
coas experiencias españolas relevantes que, dende as
administracións central e autonómicas, foron levadas
a cabo nos últimos anos.

30.12.09

AXENDA





22 OUTUBRO

10.00 -10.30 RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN

10.30 -11.15 PRESENTACIÓN DAS XORNADAS:

CONCELLALÍA DE REHABILITACIÓN URBANA E VIVENDA DO CONCELLO DA CORUÑA
Mario López Rico. Concelleiro de Rehabilitación Urbana e Vivenda

UNIVERSIDADE DA CORUÑA
José María Barja Pérez. Reitor
Xosé Lois Martínez Suárez. Vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental

XUNTA DE GALICIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA
Diego Calvo Pouso. Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña
FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
Representante por confirmar

COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA. DELEGACIÓN DE A CORUÑA
Manuel de La Iglesia. Presidente da delegación da Coruña do COAG

11.15 -12.30 MADRID
P. Campos Calvo-Sotelo. Arquitecto (Profesor na ETSA da Universidade San Pablo CEU, Madrid). La residencia como factor funcional y didáctico en el espacio universitario-urbano.

12.30 -13.00 Pausa

13.00 -14.15 SANTIAGO DE COMPOSTELA
José Manuel Mayán Santos. Vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Felipe Peña Pereda. Arquitecto (Profesor na ETSA da UDC, A Coruña). Residencia Universitaria do Burgo das Nacións. Universidade de Santiago de Compostela.

16.00 -17.15 HELSINKI
Markku Siiskonen. Arquitecto. (Helsinki Strategic Urban Planning Division). Viikki Housing Development Area. Exemplo de barrio eco-sostible

17.15 -18.30 LEEDS
Dennis Hopper. Accommodation Services Manager. University of Leeds. Programa de aloxamento para estudantes da Universidade de Leeds.

18.30 -18.45 Pausa

18.45 -20.00 STUTTGART
Christoph Hartmeier- Geschäftsfürer. Studentwerk Stuttgart Adör. A construción da Cidade Universitaria de Stuttgart.

23 OUTUBRO

10.00-11.15 MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Mercedes Chacón. Directora General de Formación y Ordenación Universitaria.
 
11.15 -12.30 MINISTERIO DE VIVENDA
Felipe Vizcarro Germade. Subdirector General de Ayudas a la Vivienda. Modelo de financiación de alojamientos universitarios, según el Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-12, rd. 2066/ 08 de 24 de diciembre.
12.30 - 13.00 Pausa

13.00 -14.15 VIGO
Xosé Cidrás. Vicerreitor de Planificación
Alfonso Penela Fernández. Arquitecto (Profesor na ETSA da UDC, A Coruña). Residencia Universitaria Lagoas-Marcosende. Universidade de Vigo.

16.00 -17.15 BARCELONA
Manuel Gómez + Carlos Durán. Arquitectos (Mestura arquitectes SLP, Barcelona). Proxecto de vivendas universitarias no Parque Mediterráneo da Tecnoloxía no novo Campus de Castelldefels da Universidade Politécnica de Catalunya.

17.15 -18.30 SEVILLA
José Antonio Carbajal Navarro. Arquitecto. (Estudio Carbajal SLP, Sevilla). Aloxamentos para universitarios en Sevilla.

18.30 -18.45 Pausa

18.45 -20.00 A CORUÑA
Xosé Lois Martínez Suárez, Vicerreitor de Infaestruturas e Xestión Ambiental da UDC.
Ibon Bilbao+Caterina Figuerola (Aq4arquitectura, Barcelona). Área Residencial Universitaria Campus da Coruña-Elviña, Universidade da Coruña.

20.00 -21.00 Mesa redonda

29.12.09

CONFERENCIANTES E INSTITUCIÓNS QUE PARTICIPARÁN NAS XORNADAS

Mario López Rico. Concelleiro de Rehabilitación Urbana e Vivenda
Xosé Lois Martínez Suárez. Vicerrreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental da UDC
Manuel de La Iglesia. Presidente da delegación da Coruña do COAG
Felipe Peña (A Coruña). Arquitecto
Alfonso Penela (Vigo). Arquitecto
Markku Siiskonen (Helsinki). Arquitecto
Christoph Hartmeier (Stuttgart). Director dos servizos de aloxamento da Universidade de Stuttgart
Dennis Hopper (Leeds). Director dos servizos de aloxamento da Universidade de Leeds.
Pablo Campos Calvo-Sotelo (Madrid). Arquitecto
José Antonio Carbajal Navarro (Sevilla). Arquitecto
Lluis Albó Rigau (Girona). Delegado para o Campus e as Infraestruturas da Universidade de Girona
Aq4arquitectura, Ibon Bilbao+Caterina Figuerola (Barcelona). Arquitectos
Felipe Vizcarro Germade. Subdirector General de Ayudas a la Vivienda. Ministerio de Vivienda
Mercedes Chacón. Directora General de Formación y Ordenación Universitaria. Ministerio de Educación

MINISTERIO DE VIVIENDA
MINISTERIO DE EDUCACIÓN
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS. IGVS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (Entidade colaboradora mediante subvención concedida a través da Orde do 24 de marzo de 2009 pola que se convocan axudas aos centros, departamentos, institutos ou órganos individuais ou colexiados das universidades galegas para a organización de congresos, simposios, xornadas e similares que favorezan a produción, divulgación e intercambio do coñecemento científico, así como a proxección da actividade de investigación universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional).
CONCELLO DE A CORUÑA. CONCELLARÍA DE REHABILITACIÓN URBANA E VIVENDA(Entidade organizadora)
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Entidade organizadora)
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE VIGO
COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA. DELEGACIÓN DA CORUÑA (Entidade colaboradora)
ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA DA CORUÑA (Entidade colaboradora)
FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (Entidade colaboradora)