
Coa incorporación das universidades galegas ao EEES,
a crecente mobilidade dos estudantes verase
incrementada, polo que un dos retos que deberá
afrontar a institución universitaria é o da especial
situación do alumnado que debe resolver o problema do
aloxamento lonxe do seu lugar de residencia habitual.
Neste senso, os traballos de investigación
desenvolvidos na UDC dende a Vicerreitoría de
Infraestruturas e Xestión Ambiental xunto co
Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
sobre ónde e cómo viven os universitarios na cidade da
Coruña puxeron ao descuberto a poucos metros do Campus
máis dun cento de infravivendas destinadas a
estudantes. Esta patoloxía urbana é o resultado tanto
da presión que se deriva da demanda de aloxamento
universitario como da carencia de políticas públicas
dirixidas a solventar este problema.
O obxectivo destas xornadas é centrar o debate
nesta realidade, abordando a cuestión desde diferentes
perspectivas: a dimensión social da demanda de vivenda
por parte dos estudantes, o papel e a resposta das
cidades frente a esta situación, a importancia de
ofertar ao alumnado espazos onde residir de calidade
e asequibles, así como dar a coñecer os modelos
existentes de xestión, promoción e construción en
países como Finlandia, Alemaña e Reino Unido xunto
coas experiencias españolas relevantes que, dende as
administracións central e autonómicas, foron levadas
a cabo nos últimos anos.
5 comentarios:
Espero que as xornadas sexan un éxito e que se profundice no debate dos aloxamentos universitarios ...xa é hora de dar respostas de calidade a unha triste realidade do século XXI
estiveron moi ben enfocadfas desde o meu punto de vista, e a proposta para elviña gustoume considerabemente, moi coidado cada detalle para a integracion no terreo, e na aldea de elviña.
NOraboa os organizadores, Xose Lois foi un gran compoñente do grupo.
Penela fue muy poco cuidadoso en sus palabras, y su ponencia no aporto nada interesante a las Jornadas. Podria calificarse incluso de impresentable.
Totalmente dacordo con este último comentario..é máis xa non sei para que o invitan...porque ainda por riba ven como facendo un favor!! realmente patético, este home cada día está máis enfermo...porque quero pensar que é enfermidade...menos mal que alomenos varios dos poñentes se decataron de como era esta personaxe!
Noraboa á organizacíón polo esforzo realizado!
Un 10 a la organización! y a los ponentes que venían de fuera!(también a Felipe Peña) el impresentable del Sr. Penela podía haberse quedado en su "Vigo"...que allí le dan trabajo...¿por que no dice que SÍ QUE COBRA, TANTO POR ASISTIR A CONFERENCIAS COMO POR DAR "CLASES" EN LA ESCUELA? siempre saca la misma "gracia"... no le llega...aún quiere que le den proyectos en la UDC...pues los arqtos. de Coruña, también se podían quejar que a ellos la Universidad de Vigo no les da nada...allí lo hace todo este Sr.(por cierto en su super residencia barateira, hace un frío que te cagas (con perdón de la expresión) será por la "antiventana" que se cree inventó!!
Publicar un comentario