5.10.09

XORNADAS AREAS RESIDENCIAIS




Os vindeiros 22 e 23 de Outubro levaranse a cabo na sede da Fundación Caixa Galicia da cidade da Coruña as Xornadas sobre Areas Residenciais Universitarias, nas que se debaterá sobre a cuestión do aloxamento universitario nos sistemas universitarios galego, español e europeo.

Organizadas pola Universidade da Coruña e a Concellaría de Rehabilitación Urbana e Vivenda do Concello da Coruña, as Xornadas contarán coa participación de representantes das Universidades de Helsinki (Finlandia), Leeds (Reino Unido), Stuttgart (Alemaña), Girona, San Pablo CEU (Madrid), Sevilla, Valencia, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

No hay comentarios: