19.10.09

UNIVERSIDADE DE STUTTGART




Ponente: Christoph Hartmeier. Dirección e Xestión dos Servizos de Aloxamento da Universidade de Stuttgart.
Actualmente, o Stuttgart Studentenwerk xestiona 32 residencias, compostas por 162 edificios, con preto de 6.400 prazas, a maioría das cales situadas nas proximidades das facultades. As unidades de aloxamento están dispoñibles para estudantes por 200 € ao mes, incluíndo gastos xerais.

http://www.sws-internet.de/e/index.php

UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE CATALUNYA







Ponentes: Manuel Gómez + Carlos Durán  (Mestura Arquitectes, Barcelona)
http://www.mestura.es/index.php?page=default

Castelldefels, Barcelona
ALOXAMENTOS UNIVERSITARIOS NO PARQUE MEDITERRÁNEO DA TECNOLOXÍA, 2008
Esta proposta establece un total de 78 aloxamentos individuais, 14 dobles e unha unidade para o personal de mantemento. Nos tres niveis todos os aloxamentos se organizan para satisfacer as características para a vida en común do colectivo universitario, preservando a intimidade e o estudio, obxectivo principal destes equipamentos.

ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE CASTELLDEFELS - UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE CATALUNYA
http://epsc.upc.edu/ca/

14.10.09

HELSINKI



Ponente: Markku Siiskonen, arquitecto da área de Planeamento Urbano do Concello de Helsinki.

"A planificación e construción de Eco-Viikki"
O distrito universitario e centro científico de Viikki está situado cerca do centro da cidade de Helsinki, insertado nunha área verde protexida. O punto clave da presentación serán os obxectivos, medios e resultados na planificación e na construcción da zona Eco-Viikki. En Viikki hai aloxamentos para estudantes, que formaron parte da planificación desde o principio.

A organización HOAS, que foi un dos axentes que colaborou no desenvolvemento de Viikki, leva a xestión dos alugueiros (8000 vivendas para 16000 inquilinos).

http://www.hel.fi/wps/portal/Kaupunkisuunnitteluvirasto_en?WCM_GLOBAL_CONTEXT=/Ksv/en/Etusivu

http://www.hel.fi/static/ksv/julkaisut/eco-viikki_en.pdf

13.10.09

UNIVERSIDADE DE LEEDS

Ponente: Dennis Hopper. Director dos servizos de aloxamento da Universidade de Leeds.
"O desenvolvemento dunha estratexia de vivenda na Universidade de Leeds". A conferencia dará información básica sobre a Universidade de Leeds e a cidade de Leeds e examinará en particular cómo e ónde viven os estudantes mentres estudan na Universidade.

O crecemento sustancial do número de estudantes nos últimos dez años traducese en que na actualidade hai más de 30.000 estudiantes matriculados na Universidade de Leeds. No seu primeiro ano, os estudiantes viven nos aloxamentos que xestiona a Universidade, pero no segundo e terceiro ano a maioría preferen alugar viviendas, principalmente nunha área específica da cidade chamada Headingley. Nesta zona, os prezos do alugueiro subiron considerablemente nestes anos, e a paisaxe do barrio tamén mudou debido á presenza dos estudantes, pechando por exemplo as escolas debido á diminución de familias.


http://www.leeds.ac.uk/


SEVILLA




SEVILLA
Ponente: José Antonio Carbajal Navarro. Arquitecto.
Autor da residencia universitaria Ramón Carande, na Universidade de Sevilla (1997-2001), e do proxecto gañador do concurso para aloxamentos universitarios na Universidade Pablo de Olavide, Sevilla (2009).
http://www.estudiocarbajal.com/

UNIVERSIDADE DE SEVILLA
http://www.us.es/
RESIDENCIA UNIVERSITARIA RAMÓN CARANDE

UNIVERSIDADE PABLO DE OLAVIDE
http://www.upo.es

ALOXAMENTOS UNIVERSITARIOS. Dous tipos de aloxamentos, de catro dormitorios (tipo dúplex) e dous dormitorios (nun só nivel). Xestionados polo Concello de Dos Hermanas, a Universidade Pablo de Olavide e a Empresa Pública de Solo de Andalucía.

6.10.09

ÁREA RESIDENCIAL UNIVERSITARIA, CAMPUS A CORUÑA-ELVIÑA

A futura Área Residencial Universitaria do Campus da Coruña-Elviña prevé a construción de 310 unidades habitacionais cun total de 620 prazas para estudantes, profesores e personal administrativo da UDC. Participarán nas Xornadas dous dos arquitectos autores do proxecto, Ibón Bilbao e Caterina Figuerola, do estudio barcelonés

aq4arquitectura.
http://www.aq4arquitectura.com/

5.10.09

XORNADAS AREAS RESIDENCIAIS




Os vindeiros 22 e 23 de Outubro levaranse a cabo na sede da Fundación Caixa Galicia da cidade da Coruña as Xornadas sobre Areas Residenciais Universitarias, nas que se debaterá sobre a cuestión do aloxamento universitario nos sistemas universitarios galego, español e europeo.

Organizadas pola Universidade da Coruña e a Concellaría de Rehabilitación Urbana e Vivenda do Concello da Coruña, as Xornadas contarán coa participación de representantes das Universidades de Helsinki (Finlandia), Leeds (Reino Unido), Stuttgart (Alemaña), Girona, San Pablo CEU (Madrid), Sevilla, Valencia, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

4.10.09

UNIVERSIDADE DA CORUÑA
http://www.udc.es/principal/ga/                 

                                                                 


CONCELLO DA CORUÑA



FUNDACION CAIXA GALICIA